Xulio Gil, en Afundación

Asede de Afundación ofrece a mostra “ Retratos dun tempo da plástica galega”, de Xulio Gil, un proxecto que comenzou en 1978 e no que fotografía a grandes figuras da plástica galega contemporánea, como Tenreiro, Molezún, Buciños, E. Gago, J. Castillo ou Díaz Pardo, entre outros. Con ela  quere render homenaxe aos nosos artistas, pero tamén poñer en valor a potencia e singularidade creadora de Galicia; por eso, cada retrato, vai acompañado dunha cartela, na que figura unha obra do retratado.


A. Tenreiro aparece de perfil e con aire de introspección, como si albiscase o alén. Xulio Argüelles vese como arrecunchado xunto a un grande espido seu. Inquisitivo e agardante aparece M. Molezún, a carón dun dos seus cadros. Mampaso está de pe, fumando en pipa, xunto a unha mociña con gato. Serio e reconcentrado vese a Camilo Otero. Arturo Baltar, con aire ensoñador, mira de esguello. O sorrinte rostro de Pazos ten a complexión forte do escultor. Berta Cáccamo maniféstase como abraiada por algún ensoño dos seus. A cara de I. Díaz Pardo é todo bondade e intelixencia. Con aspecto de gran señor, sentado i elegantemente vestido está Jorge Castillo. Un certo aire bohemio mostra Cruz Pérez Rubido. Xunto a un cadro seu, Cabanas parece matinar en cómo seguir. Na faciana de Luis Caruncho aflora unha certa tristeza. Erguese Antón Pulido xunto a un cadro seu, cun rostro inquisitivo. Quintana Martelo  está entre dous debuxos de desnudos, como en aceno de inspiración ensimismada. Darío Álvarez Basso parece estar ao axexo de algo. Pensativa vese a Soledad Penalta a carón da súa escultura.. Xosé Cid, Ignacio Basallo, Buciños e Acisclo Manzano dialogan coas súas obras. Abelenda, con roupa de traballo, parece reflexionar no que está a facer. Coa man no bico e pensativo está X. Quessada, Laxeiro, mui serio, óllase nun espello. Elena Gago adopta unha leda postura teatral. Agarrado ás súas pezas, Álvaro de la Vega parece estar en agarda. Unha fonda preocupación reflicte a cara de X. Oro Claro. O perfil de R. Conde ten ar de desafío. S. Rivas olla reconcentrado. Huete apóiase nun van con ar adusto. No rostro de Á. Sobral hai serenidade reflexiva. M.Moldes, tamén serio, semella abstraído. Con sorriso irónico maniféstase Correa Corredoira. Lamazares fai graciosos acenos cun mechero encendido Novoa parece meditar entre sombras. X. Maside está en actitude de asomarse a un espazo agochado. O rostro de Lodeiro revela a potencia do seu espíritu. A. Costa parece agardar sentado o seu  inquedo estro. Colmeiro fala, coa ollada volta cara adentro..A. Patiño mira para o alén..M. Facal parece agardar algo, con aire triste..Menchu Lamas, Patinha, Lomarti, Solveira, Caxigueiro, Chelo Rodríguez, Barreiro, Mª Xosé Díaz, A. Murado, E. Colmeiro, Pousa, Ayaso, Úbeda, Leiro, X. Fernández, Din Matamoro, Elvira Caamaño, Vilamide, Ana Legido, Vidal Souto, L. Torras, Ruth Lodeiro, Goyanes, J. Valmaseda, Fernando, Antón e Mariela Quessada completan esta mostra, na que X. Gil da proba de ter un ollar persoal e íntimo.

Xulio Gil, en Afundación

Te puede interesar