A Coruña reivindica con homenaxes a Luísa Villalta a súa galeguidade

A Coruña reivindica con homenaxes a Luísa Villalta a súa galeguidade
Exposición sobre Luísa Villalta polo do Día das Letras Galegas na Coruña @Patricia G. Fraga (4)

É a cidade na que naceron a Real Academia Galega, que promove o Día das Letras Galegas desde 1963, e as Irmandades da Fala. A que convocou un concurso musical que deu orixe ao himno galego, despois recuperado polos emigrantes cubanos. A bandeira do seu porto converteuse, tamén logo de pasar pola illa caribeña, na da Galicia toda. Na que están enterrados Curros, Murguía e Pondal. Chámase A Coruña. Varios dos homenaxeados co Día das Letras Galegas (os tres antes citados, Manuel Lugrís, Avilés de Taramancos, Eladio Rodríguez, Villar Ponte, Lois Pereiro, por suposto Luis Seoane...) teñen gran relación coa Coruña, pero o certo é que só dúas persoas nadas no seu termo municipal mereceron esta distinción: Francisca Herrera en 1987 e, 37 anos despois, Luísa Villalta. Soa a pouco. Por iso foron tan especiais os actos de onte e o serán todos os que están por vir: porque A Coruña volve ser en 2024 a capital das letras galegas.

A Coruña reivindica con homenaxes a Luísa Villalta a súa galeguidade

Te puede interesar